Saltar navegación

Terrestres

 

De súpeto o rapaciño dixo:

-Eu cando medre tamén hei de andar en tren.

As enrugas do vello teceron unha sombrisa tristura. 

O rexo carro de bois voltaba rinchando, xemendo e dando tombos para a aldea de nome bravo e silvestre perdida entre calados cumios. 

Dieste, Rafael: "O vello que quería ve-lo tren", Dos arquivos do trasno, 1926.

Vocabulario básico

Alfándega: (ár. al-funduga)Oficina estatal en portos e fronteiras, onde se rexistran as mercadorías importadas ou exportadas e se cobran as taxas. SIN. Aduana. Cast: aduana, Fr.: douanes, In.: customs.

 Automóbil: (de auto+móbil). Vehículo con motor incorporado que lle permite producir a forza precisa para moverse por si mesmo e que debe ser guiado por unha persoa mediante un dispositivo axeitado. Cast.: automovil. Fr.: voiture. In: car.

 Baliza: (port. baliza, id. lat. palus). Sinal que delimita camiños nas estradas, pistas de aterraxe etc. cast: baliza, Fr.:beacon, In.: beacon.

 Bicicleta: (fr. bicycle). Vehículo de dúas rodas de diámetro semellante que avanza ó moverse a roda posterior debido á acción dun pedal, dun piñón e dunha cadea de transmisión.

 Carro (lat. carru): vehículo de tracción animal para transportar carga, composto por unha armazón de táboas e madeiras (o “chedeiro”) onde asentan unhas táboas para que non caia a carga (o “ladral” ou “ladrairo”) e que remata nunha lanza ou “cabezalla” onde se asenta o xugo para os animais de tiro; esta armazón vai sobre un eixe con dúas rodas de madeiras recubertas con lamias de ferro. Fam: carreta, carroceta, carromato, carruaxe.

Consigna: (lat. consignare). Nas estacións de ferrocarril, aeroportos, etc., local no que os viaxeiros depositan temporalmente as súas equipaxes. Cast: consigna.

Gálibo: (ár. qalib). 1. Perfil exterior máximo que se lle pode dar ao contorno dos ve­hículos para que poidan pasar por túneles, arcos e outras instalacións da vía. 2. Arco de ferro en forma de U invertido para comprobar se os va­góns do tren pasan baixo os túneles. /Luces de gálibo. As que levan os camións e osautobuses na parte máis alta para indicar ata onde chegan. Cast.: galibo, Fr.: galibo, In.: galibo.

Garda-lamas: Moldura que cobre a roda dun vehículo impedindo que as rodas salpiquen lama.

 Guiador: parte da bicicleta ou da motocicleta na que se apoian as mans e coa que se leva a dirección.

 Padiola (lat. palliola “mantas”). Plataforma feita con táboas transversais sobre andas para transportar cousas á man; angarellas.

 Panca de cambios: (lat. palanca). Barra que serve para accionar un mecanismo.

 Plataforma: (fr. plate-forme). 1. Nun vehículo de transporte público, área onde van os pasaxeiros de pé. 2. Nunha estación, lugar a carón das vías desde onde se accede aos vagóns. 3. Vagón descuberto con lados pouco elevados. Cast.: plataforma, Fr.: plate-forme, In.: platform.

Pneumático: (gr. pneyma= aire, sopro). Cámara de aire provista dunha válvula e protexida por unha grosa goma.

 Tándem: (ing, tandem, id. <lat. tanden “ó longo”). Bicicleta para dúas ou máis persoas, con guiador e asentos independentes para cada un.

Tara: (ár. vg. tarah “dedución”). 1. Parte do peso das mercadorías ou xéneros que se rebaixa por razón do recipiente que oscontén. 2. Peso dos vehículos baleiros. Cast.: tara, Fr.: tare, In.: tare.

 Teleférico: (fr. téléphérique). Instalación para o transporte de persoas e materiais formado por un ou varios cables de tracción dos que van suspendidas cabinas de pasaxeiros ou vagóns de carga.

 Tractor: (fr. Tracteur). Máquina, aparello ou vehículo que realiza unha tracción.

Tranvía: (ing. tramway). Ferrocarril instalado nunha vía pública pola que tamén pode circular calquera outro vehículo.

 Tren: (fr. train). Serie de vagóns enganchados uns nos outros que son arrastrados por unha locomotora a través dunha vía. Cast.: tren. Fr.: train. In.: train.

 Zorra: (lat. saburra “lastre”). 1. Especie de carro baixo e grande coas rodas moi pequenas, usado para otransporte de pesos grandes. 2. Especie de caixón escorregadi­zo utilizado para xogar os nenos ou para otransporte. 3. Vehículo baixo provisto de esquís para desprazarse pala neve; usado polos esquimós. Cast: carretilla.

Poesía

Amelia, moito me gusta ler este poema! Semella que estou escoitando o traqueteo da locomotora cando avanza...

"Na chegada a Ourense da primeira locomotora"

Vela aí vén, vela aí vén avantando

cómaros e corgas, e vales, e cerros.

¡Vinde vela, mociños e mozas!

¡Saludaina, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa

fecunda os terreos,

espértanse os homes,

frolecen os eidos.

Vela aí vén, vela aí vén tan houpada,

tan milagrosiña, con paso tan meigo,

que parece unha Nosa-Señora

unha Nosa-Señora de ferro.

Tras dela non veñen

Abades nin cregos;

Mais vén a fartura

¡i a luz i o progreso!

II

Catedral, demagogo de pedra,

dun pobo fanático erguida no medio,

repinica esas chocas campanas

en sinal de alegría e contento.

¡Asocia esas voces

ó son dos pandeiros,

ás santas surrisas

de terras e ceos!

E ti, río dos grandes destinos,

que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,

requeimadas as fauces de sede

vén o monstro a beber no teu seo.

Bon samaritano,

dálle auga ó sedento;

que a máquena é o Cristo

dos tempos modernos.

 

Curros Enríquez, Manuel, Aires da miña terra. 2ª ed. 1881.