BITÁCORA DE ESTEVO (No faiado da casa)
![]() |
Velaí estaba! A bitácora abriuse ante os meus abraiados ollos. O primeiro que puiden ler foi: Querida Amelia, xa sabía eu que serías quen de dar co tesouro! Pero terás que ir abrindo as portas a feito, de vagar, para así gozar máis da descuberta. No faiado da casa tes canto precisas para descubrilo. A chave da primeira porta lévala contigo dende que naciches, ben pegada á dereita de Amelia. Comeza cando queiras. Tendo en conta que me chamo Amelia Souto Pereiro, tecleei o meu primeiro apelido: |