Saltar navegación

2- U-la chave do tesouro?

 

Nunha  aula de informática para persoas maiores, Estevo creara unha bitácora que levaba por nome “No faiado da casa”. Á súa morte, Amelia, a neta de Estevo, foi capaz de acceder ao  seu contido, un tesouro que o avó lle legaba. 

Que lle prepararía o avó Estevo a Amelia no segundo nivel?

 

Cando entendín que o tesouro non era o que eu agardaba, senón algo aínda máis importante, entrei de novo na bitácora do avó para imprimir o certificado e telo coma un tesouro. Foi no momento de darlle a "imprimir" cando apareceu na pantalla:fachada de dúas casa tradicionais dun andar

2- U-la chave do tesouro?

Este meu avo...ben sabía como estimular a miña curiosidade!

avó Estevo

Querida Amelia: Se segues interesada en descubrir o tesouro é porque es teimuda. De familia che vén! Deixeiche varios pola casa; seguro que axiña darás con eles. Ao final da búsqueda vas entender moitas cousas e has coñecer unha riqueza que nin sospeitabas que existía. Xa sabes onde comezar a búsqueda.

A continuación estaban dous espazos para poñer unha clave. Lin o texto dirixido a min varias veces. Que é iso de que xa sei onde buscar? De súpeto acendeuse a luz na miña cabeza: no faiado da casa, claro! Que ganas de ir e revolvelo todo, até atopar o tesouro que o avó agachou para min! Mágoa que acabamos de comezar o curso e que, como mínimo, até a próxima ponte non iremos de novo á casa do Muíño Vello. En fin, será mellor que intente abrir as portas da bitácora para ir avanzando.