Saltar navegación

Campo semántico.

Definición

O significado de cada palabra pódese analizar en unidades máis pequenas chamadas trazos semánticos ou semas. Así, por exemplo:

·        O significado da palabra pota componse dos seguintes trazos ou semas: -utensilio de cociña, fondo, sen mango, para cocer alimentos...

·        A palabra tallo contén os seguintes: -asento, sen patas, sen respaldo, para unha soa persoa.

O conxunto de palabras que teñen polo menos un trazo semántico en común chámase campo semántico.

1

Completa a palabra que falta neste cantar popular, tendo en conta que se trata do campo semántico ao que se alude nel.

Fungueiro, estadullo, esteo,

meu a todo se estreve;

halo de sentir nas costas

si rondas onde non debes.

Habilitar JavaScript