Saltar navegación

4

Fervenza

fervenza

(de ferver: lat. fervere). Caída de auga desde certa altura provocada polo desnivel existente na canle dun río; cachoeira, cachón, cadoiro, callón, cachoeira, cachofeiro, freixa, pincheira, ruxida, ruxidoira, salto, seimeira. Cast.: cascada, Fr.: cascade, In.: waterfall.

Freita

freitas visibles no acantilado da praia das catedrais

(lat. fracta: frangere: romper). 1. Corte ou depresión no terreo. 2. Valgada, barranco. 3. Corremento de terras provocado pola chuvia ou outra circunstancia.

Fraga

Catro fotografías de diferentes fragas

(lat. fraga, pl. de fragum<fragosus “fragoso”). 1. Terreo con todo tipo de árbores nacidas espontaneamente e mato espeso. 2. Penedía ou crebada fragosa. 3. Pedra dura e enterrada cuxa superficie asoma.

Gándara

dous porcos fozando nunha gándara

(do célt. Ganda “pendente rochosa”). Terreo, areoso, húmido e pouco produtivo. Estragado, que non dá froito.

Illó

auga nacente

Lugar onde abrolla a auga, nun terreo.

Ínsua

vista dunha ínsua

Insua: (lat. insula). Pequena illa no curso dun río. Cast. ínsula.

Outeiro

vista de varios outerios

(lat. altariu(m): altus). 1. Pequena elevación do terreo, illada e de pouca extensión que domina un certo terreo chan. SIN. cerro, cómaro, comareiro, cómbaro, cuíña, lomba, outarelo. 2. Pedra ou rocha de dimensións considerables, xeralmente de forma arredondada, que sobresae na terra. Cast.: otero, colina; Fr.: colline, In.: hill.

Pedregal

vista dun pedregal

(de pedra). Lugar cheo de pedras; lareiro, pedral, pedregueira, pedreira.

Penedo

penedo solitario

(de pena). Pedra grande que sobresae da superficie da terra ou do mar; pena.