Saltar navegación

Terceira porta

PARABÉNS

Sigue así e axiña darás co tesouro. E procura aprender os elementos que conforman os nosos hórreos.

HÓRREOS

MARABILLOSO o mundo dos HÓRREOS!

Se queres a chave da seguinte porta, has precisar coñecementos básicos dos hórreos galegos e as súas dependencias. 

Podía ter escollido outro lugar: a palleira, as antigas cortes do gando, o forno, o muíño, a cova do viño ou as alvarizas, pero o hórreo ten tras si unha técnica tan perfeccionada polo home ao longo do tempo, que non podía deixar de darlle protagonismo nesta busca do tesouro.  Coido que todos temos que asumir responsabilidades na defensa do noso patrimonio, dándoo a coñecer e difundíndoo dentro e fóra da nosa terra.

Eis tes información sobre moitos dos hórreos galegos máis comúns da nosa terra. Na biblioteca atoparás moita máis información, tamén na web. Ah! e non esquezas seguir observando ao teu arredor os hórreos galegos que vexas.