Ula a chave do tesouro?
Latoeiro: de latón, ár. latun). Persoa que traballa facendo ou vendendo cousas de lata ou latón. Os latoeiros fan obxectos de chapa de ferro doce (candís, formas, tanques, cazos, etc.), utilizando unha ferramenta moi variada: os madeiros para moldear as pezas, mazos, alicates, tenaces, machelos, berbequí, zafras, soldador. É traballo sedentario, e eles mesmos venden a súa produción, ben no propio obradoiro ou ben nas feiras. |
Oleiro: (e pechado) (de ola, lat. olla). Artesán que fai olas e outros obxectos de barro. O oficio dos oleiros consiste en facer con barro olas, xerras, cuncas, pratos, tarteiras, pucheiros... Normalmente o propio oleiro realiza todo o proceso produtivo, desde a extracción da materia prima na barreira até a comercialización nas feiras. O taller instálase nunha dependencia a carón da casa ou na mesma cociña, sempre co forno na proximidade inmediata. A preparación da vasilla faise no torno. O tipo máis frecuente é o torno alto que se impulsa co pé, aínda que tamén se utiliza o torno baixo nalgunhas zonas como Gundivós, onde o traballo adoitaba ser feito polas mulleres. |