Saltar navegación

Ambigüidade.

Ambigüidade:

É a particularidade dalgúns enunciados consistente en que poden ser interpretados de dúas ou máis maneiras. A ambigüidade léxica é o tipo máis relevante, e son a polisemia e a homonimia as que contribúen maiormente a crear este tipo de equívocos.

 Xosé Lois, O Carrabouxo:

-¿Interésalles un curso de ordenadores?

Non, aquí sómoslle todos moi obedecedores

Ponte a proba

No enunciado: “Atopei na praia unha pedra que semella unha bota” non sabemos se a pedra imita unha “bota de viño” ou o “calzado”.

Como se denomina en lingua o fenómeno que o explica?

Habilitar JavaScript