Saltar navegación

Ornamentos

 
Reloxo de sol
 A diferenza dos elementos anteriores, os tellados adoitan estar adornados con elementos decorativos: o arcipreste, a cruz, o reloxo de sol, unha representación escultórica… Os ornamentos de cuberta gardan unha especie de xerarquía.
Cruces. Son máis frecuentes nos hórreos de feitura máis coidada, de xeito que se pode dicir que polo menos a metade dos hórreos non levan cruz. A presenza de cruz correspóndese case directamente co tipo de hórreo, predominando máis nos tipos pétreos e menos nos de madeira.
Capiados. Remates cónicos que bordean a parte baixa do beirado. Exclusivos do litoral lugués.
Tornaventos. Suxeitan as tellas aportándolles peso.
Remates piramidais. Van sobre os vértices dos pinches, ou ben no que non leva cruz ou ben nos dous. En casos moi ornamentados flanquean por parellas unha cruz sobre cada pinche.
Pináculos. Acompañan á cruz no pinche oposto.
Nos hórreos de madeira e mixtos os remates pouquean. Porén, cando se atopan teñen formas moi diversas: campanarios, torres, capelas, reloxos de sol, figuras de santos, cálices, custodias, gallardetes, viraventos, formas animais, etc.