Saltar navegación

O corpo humano

 

É o sistema máis sinxelo e primitivo. A cabeza, os brazos, o ombreiro e a cadeira son os puntos de apoio.

Para que a cabeza non se magoe coa carga, ponse nela unha rosca de trapo, a mulida ou rodela.

Vexamos tamén outros sistemas de carrexo nos que o motor é o home:

As padiolas

Para as cousas que non pode levar un home só creáronse as padiolas, andas ou angarellas que basicamente son dous largueiros cunhas táboas atravesadas nas que se pon a carga. Os porteadores agarran polas puntas dos largueiros.

 

Carriños e zorras

Unha caixa de madeira ou outro material cunha roda dianteira e uns largueiros para o empuxar é o sistema básico dos carriños.

Tamén calquera carro baixo de catro rodas pequenas usado para transportar pesos grandes e unha especie de caixón escorregadizo, útil para transportar cousas e persoas reciben o nome de zorras.