Saltar navegación

Derivación, parasíntese, abreviación

2- Derivación

Derivación: proceso de formación dunha palabra nova mediante a adición dun morfema derivativo ao lexema dunha palabra simple (este lexema recibe, ás veces, o nome de “raíz”): ampliamente, recrear...

Segundo se engadan sufixos ou prefixos denomínase derivación prefixal ou afixal. A derivación tamén pode ser prefixal e sufixal a un tempo, denominándose entón parasíntese.

3- Parasíntese

Procedemento que podemos observar en dous tipos de palabras:

As formadas por dous ou máis lexemas + morfemas derivativos (é dicir, composición e derivación á vez): botafumeiro, alfabetizar. 

                

As formadas por prefixo +lexema+ sufixo, cando ao prescindir de calquera deles non resulta unha palabra existente no idioma: reciclar, descampado.

Exercicio

Entre as seguintes palabras compostas hai unha parasintética, cal é?

Clarividente, sapoconcho, pasodobre, xordomudo, zumezuga.

Habilitar JavaScript

4- Abreviación:

A abreviación ou acurtamento como formación de palabras dá lugar ás siglas; trátase dunha formación léxica a base das iniciais de varias palabras que pode ser de varios tipos:

· Sigla simple: representación dunha palabra cunha ou máis das súas letras; a primeira delas é a inicial: etc., páx.

· Acrónimo: palabra formada pola inicial de varias palabras:

1. Iniciais de varias palabras que se soletrean: D.N.I., I.V.E., O.U.A.

2- Conxunto de letras que se forma coas iniciais das palabras plenas. Lense de corrido silabeándoas coma se se tratase dunha palabra calquera:

USA, URSS, UNESCO, OTAN.

3- Unión de máis dunha letra de todas ou algunha das palabras da denominación completa, para facilitar a súa pronuncia. Agás a inicial escríbense con minúscula.

Inem: Instituto Nacional de Emprego.

Tecor: Terreo cinexeticamente ordenado. 

          Síndrome de inmunodeficiencia adquiridaJXUwMDBiJXUwMGJlJXUwMDgzJXUwMDBhJXUwMDE2JXUwMDFkJXUwMDAyJXUwMDA4 JXUwMDNjJXUwMDAx JXUwMDMxJXUwMDA3JXUwMDAzJXUwMDE4JXUwMDFiJXUwMDAxJXUwMDBiJXUwMDAxJXUwMDAzJXUw MDBmJXUwMDBhJXUwMDBhJXUwMDBjJXUwMDBiJXUwMDBkJXUwMDBhJXUwMDA4 JXUwMDM5JXUwMDA1JXUwMDE1JXUwMDA0JXUwMDFjJXUwMDFiJXUwMDFiJXUwMDBkJXUwMDA1 : SIDA ou Sida.

       Outras como Renfe, Talgo, Fenosa, Interpol...

  Símbolo: é unha forma abreviada de recoñecemento internacional que na ciencia e na técnica se refire a unha palabra ou a un sintagma (km, cm, abreviaturas de elementos químicos...).

Algunhas siglas son xa auténticas palabras incorporadas ó léxico dunha lingua como tecnicismos: ovni (obxecto voante non identificado), láser (light amplification by stimulated emission of radiation), télex, etc.

Exercicio

Abrevia as seguintes denominacións como corresponda:

Insitutuo Nacional de Emprego: JXUwMDExJXUwMDA3JXUwMDBiJXUwMDA4

Número de Identificación Fiscal: JXUwMDE2JXUwMDA3JXUwMDBm

Terreo cinexéticamente ordenado: JXUwMDBjJXUwMDMxJXUwMDA2JXUwMDBjJXUwMDFk

Radio Detection and Rangding: JXUwMDBhJXUwMDMzJXUwMDA1JXUwMDA1JXUwMDEz

Rede Nacional de Ferrocarriles do Estado: JXUwMDBhJXUwMDE3JXUwMDBiJXUwMDA4JXUwMDAz

Tren articulado lixeiro Goicoechea Oriol:

 Administrador de infraestruturas ferroviarias:

 

Habilitar JavaScript