Saltar navegación

A casa

 

Sabes, Amelia? A través do francés chegounos a palabra “cheminea”. Pero por moi modernas que sexan agora as que se instalan nas casas, eu creo que non se debe perder a nosa palabra “lareira”. Cantos contos me contaba a niña mamai arredor dela nas noites de inverno, mentres debullaba millo, fiaba na roca ou pelaba patacas…

Comecemos a casa polo tellado: As cubertas

lousado

As cubertas, segundo o material do que estean feitas, poden ser de lousa (lousado), tella (tellado) ou colmo (feitos de palla de cereal).

teito palla (exemplos de colmos) 

 

lousado

Lousado (var. dialectal louxado).

Cango: Cada unha das táboas que se asentan nos canteados, sobre as que se apoian as tellas.

Ripa: Cada unha das táboas que, colocadas sobre os cangos, serven para soster as tellas. SIN. Lata.

 

 
Alicerces: Parte inferior dunha construción, xeralmente situada baixo a superficie da terra, que a sostén soportando o seu peso.
Andar: (de andar). Cada unha das divisións horizontais dun edificio.Sin. piso, planta.

Bufarda: (de bufar). 1. Ventá que sobresae no tellado dunha casa e serve para dar luz ao faiado ou para saír por ela ao tellado; bufarda. 2. Cuarto ou vivenda no faiado dunha casa; bufarda. 3. Ventá aberta no teito ou na parte superior dunha parede; biolo, buela, bufarra, fachineiro, fachinelo.

Corredor: Espazo que comunica por dentro da casa os espazos; tamén balcón de madeira ó cuberto ó longo da fachada dunha casa

Corredor exterior nunha casa de pedra Entreplanta: Planta que, nalgúns edificios, se constrúe na parte superior doutra, aproveitando parte da altura desta. SIN. Entrechan.

Dormitorio: Peza da casa destinada a durmir. SIN. Cuarto.

Esteo: Pau que serve de soporte e apoio a algo.
Faiado: 1. Parte máis alta da casa, inmediatamente debaixo do tellado.

              2. Teito de táboas. Sin. faio .

Reixa: (prob. lat. –porta- regia). Armazón de barras de ferro paralelas ou cruzadas, utilizada como protección ou ornamento de ventás, portas e mais como cerrado arredor de casas e leiras. Cast.: reja, Fr.: grille, In: grille).
Sobrado: Planta alta dunha casa de dúas alturas. Piso de madeira, sollado.
Solaina: (de sol). Balcón ou corredor exterior dalgunhas casa, orientado cara á parte onde dá máis o sol.
Trabe ou viga: madeiro longo que serve para soster dunha edificación.

Fiestras e portas

Antepeito: Muro ou armazón de madeira, ferro, ou outro material, á altura do peito, que se coloca como protección en balcóns, terrazas, nas beiras das pontes etc. 2. Parede que pecha a parte inferior dunha ventá. 3. Repisa que forma o oco dunha ventá na parte inferior. Sin. peitoril.
Fiestra: Abertura na parede para deixar entrar o aire e a luz, xeralmente cerrada con vidros. Sin. ventá , xanela
 Lumieira. Pequena ventá aberta no teito para dar claridade e ventilar. Sin. biolo, claraboia, mainel. 2. Peza horizontal, xeralmente de pedra ou madeira, que limita pola parte superior o oco dunha porta ou ventá.Sin. cargadeiro, cargadoiro, cubrición, lintel, padieira, sobrelume
Portón:  Porta de gran tamaño.
Ferrollo: Aparello composto principalmente por unha barra de ferro que serve para pechar portas, ventás etc. Sin. pasador.
Pechadura: Mecanismo de metal que se pon en portas, tapas etc., para cerralas, e que normalmente se acciona cunha chave. Sin. cerradura , fechadura, pecheira
Peche: Dispositivo de moi diversos tipos, mediante o cal se aseguran as portas, ventás e tapas dun recipiente. Sin. fecho, peche.
Tarabelo: 1. Pecho rústico, polo xeral formado por unha soa peza de madeira que xira sobre unha punta cravada no centro, utilizado para pechar portas, ventás, cancelas etc. Pechou o poxigo co tarabelo ao saír. sin. martabela, tramela. 2. Trebello para espantar os paxaros, xeralmente con aspas que baten contra un obxecto metálico, e fan ruído ao seren movidas polo vento. Sin. andavía, martabela, ruxideira, trapela, trécola, viraventos. 
Soleira: Peza de pedra ou doutro material colocada na parte inferior do oco dunha porta ou ventá.

As escaleiras

escaleira Escaleira de caracol de Santo Domingo de Bonaval
Escaleira: (lat. scalaria). Construción formada por unha serie de superficies planas ou chanzos situados en niveis sucesivos, que serve para subir e baixar. Cast.: escalera, Fr.: l’escalier, In.: stair.
Patamal: terraza pequena na que rematan as escaleiras exteriores que permiten o acceso ao sobrado dalgunhas casas; patín.
 Escada: escaleira de madeira ou metálica formada por dúas pezas longas verticais unidas por paus horizontais, que pode ser portátil ou mecánica adaptable a un vehículo.
Esqueira: máis lixeira cá escada