Saltar navegación

Sufixos.

Definición

Os SUFIXOS son morfemas que se engaden ao final dun lexema ou palabra base para formar palabras novas. Poden modificar o seu significado e/ou a súa categoría gramatical.

Son de dous tipos: alterativos ou apreciativos e derivativos.

Sufixos alterativos ou apreciativos

Os sufixos alterativos ou apreciativos non modifican o significado básico do lexema, senón que engaden matices expresivos ou afectivos. Estes son os aumentativos (-ón, -án, -azo, -ata, -udo…), diminutivos (-iño, -acho, -echo, etc.), despectivos (-exo, -astro, -orra, -uza…) e intensificadores (ísimo, érrimo).

Sufixos derivativos

Os sufixos derivativos transforman o significado xeral do lexema e poden modificar a categoría da palabra, formando outras diferentes: -ado/a, -án/a, -axe, -dor/a, -deiro, -doiro, -edo...

Tipos de sufixos derivativos

a) Sufixos formadores de substantivos:

desubstantivais: -ado/a, -axe, -eiro, -ismo, -ista...

deadxectivais: -dade, -eza, -ismo, -ume...

deverbais: -ción, -deiro/a, -dela, -dor, -mento...

Polo significado: colectivo (-al), locativo (-al, -eiro), acción (-ación, -axe), ocupación (-eiro, -ismo), doutrina (-ismo), etc...

b) Sufixos formadores de adxectivos:

desubstantivais: -al -és, -oso...

deverbais: -ble, -nte, -ón/ona...

Polo significado: caracterizador (-ble, -az, -ado), relativo ou pertencente a (-al- ar, -exo), xentilicio (-és, -eiro, -

an/ano/ao)

c) Sufixos formadores de verbos (a maioría dos verbos fórmanse sobre a primeira conxugación):

desubstantivais: –ar, -ear, -izar...

deadxectivais: –ar, -ear, -ecer, -ificar...

deverbais: -iñar, iscar..

d) Sufixos formadores de adverbios: -mente.

Exercicio

Os de Noia son bos mozos,

os de Muros, baloqueiros,

os de Fisterra, morenos,

os do Son, bos mariñeiros.

 

Dos morfemas salientados no cantar popular precedente indica:

1º: Se son dependentes ou independentes.

2º: Se son flexivos ou derivativos.

3º: O seu valor:

Se son flexivos indica de que tipo.

Se son derivativos indica se son prefixos, infixos, ou sufixos

Se son sufixos indica se son alterativos ou derivativos.

 

Mozos: morfema , , de .

Baloqueiros: morfema , , , .

Morenos: morfema , , de

Mariñeiros: morfema , , , .

Habilitar JavaScript