Saltar navegación

1

Aba

ladeira montaña

1. Superficie inclinada que vai da parte alta á baixa dunha montaña. 2. Parte inferior e dianteira de determinadas pezas de vestir (madís, saias, etc.), de aí o significado da expresión “comer de abada”, que indica que os alimentos descansan nesa zona, en posición de sentado

Agra

agra, campo de cultivo

(lat. Agra “campos”). Extensión grande de labradío, dividida en leiras que pertencen a varios donos. Diminutivo: agrela.

Avesío

terreo en sombra

1. Dise do lugar ou do terreo onde dá a sombra; sombrío, sombrizo. 2. Lugar xeralmente frío. Sin. Xebreiro (umbría). 

Belvís

paisaxe visto desde un alto

(belvedere). Lugar alto ou ben situado para observar ou para contemplar unha paisaxe. SIN. miradoiro.

Braña

braña

Terreo moi húmido que pode ser prado ou monte baixo.  SIN. brañal, brañeira, lameiro, trollo.

Bocarribeira

ribeira dun río

1. Zona húmido xeográfica comprendida entre a ribeira do mar ou dun río e un monte. 

2. Aba dun monte que descende até un val ou un río.

Bouza

terreo sen cultivar

(lat. Baltea, plural neutro de balteus “que cingue”). 1. Terreo que está a monte e cheo de mato; poula. 2. Terreo que está a monte e que se cava para cultivalo.