Saltar navegación

Parónimos

Os parónimos son palabras que presentan unha grafía parecida e un son moi semellante, pero posúen significados diferentes:

Cume: a parte máis elevada dun monte.

Cumio: a parte máis elevada do teito ou tellado dunha casa.

Tamén: extremo/estrema; descrición/discreción; apto/acto, inserir/inxerir.

Un caso especial de parónimos son as palabras que se distinguen segundo se pronuncien abertas ou pechadas as vogais tónicas e, o, como en oso (animal) e óso (do esqueleto), corte (lugar ande se garda o gando) e corte (acción e efecto de cortar).

Un chisco de humor

Descubre o parónimo da seguinte definición de "home primitivo":

Vestíase de peles e refuxiábase nas tabernas.