Saltar navegación

Hipónimos, hiperónimos e cohipónimos.

Os campos semánticos e as palabras dos campos semánticos manteñen entre si relacións xerárquicas:

Hipónimos, hiperónimos e cohipónimos son as relacións xerárquicas ou de inclusión que manteñen entre si as palabras dun campo semántico e/ou coas palabras doutros campos:

Un termo é hiperónimo doutro cando é xerarquicamente superior a el, posúe un significado máis xeral e inclúeo. Do mesmo xeito, este segundo termo é hipónimo con respecto ao primeiro, ten un significado máis específico e está englobado nel.  Por exemplo, músico é o hiperónimo de frautista, gaiteiro, pianista, etc. e estes son os seus hipónimos.

Os termos dependentes dun mesmo hiperónimo chámanse cohipónimos. Así, frautista, gaiteiro, violinista e pianista  son cohipónimos entre si.

 

Hiperónimo: seres vivos.

Hipónimo: animal, persoas, plantas= cohipónimos

hiperónimo: animal

hipónimo: mamíferos, reptís= cohipónimos

Hiperónimo: mamíferos

Hipónimo: ovella, delfín, gato, can= cohipónimos

Galería de imaxes

1

rapaz gato ourizo cacho
Ave rapaz Gato Ourizo cacho

Practica o aprendido

Observa as fotografias superiores e responde:

Cal é o seu hiperónimo?

Cal é o hiperónimo de gato e ourizo cacho?

Dous deles son cohipónimos, cales?

Que teñen os tres en común?

Cal é o seu hiperónimo?

Dados os seguintes hipónimos (partes) indica o hiperónimo (todo) que os contén:

Galego, bable, chinés, ruso…:

Caravel, margarida, rosa…:

Miño, Sil, Ulla, Xares…:

Poesía, música, pintura, escultura: actividades

Aldea, vila, cidade, parroquia…: núcleos de humana.

Habilitar JavaScript