O profesor de informática cometounos que no seu instituto están aprendendo a manexar programas de Realidade Aumentada. Como me vía traballando no hórreo, fixo este e cedeumo para a bitácora. Eu non aspiro a dominar tanto a informática, pero desexo axudar a que outros coñezan e amen a nosa lingua tanto coma min. Canto máis aprendan, con máis confianza falarán en galego.
Hórreo en RA e na pintura
![]() |
Amelia, aquí che deixo algunhas ilustracións de hórreos para que te inspiren. Ti e os teus amigos/as e compañeiros podedes facer moitas cousas con elas. Ocórresme que alguén pode escribir a historia que está detrás do debuxo de Castelao, outro “axente dinamizador” pode localizar e investigar os máis próximos ao voso instituto, outros sacarlles fotografías ou pintalos, montar unha exposición...Servirían todas estas posibilidades de recoñecemento a este elemento construtivo tan valioso na nosa cultura, mentres se mantén en uso o noso vocabulario. E se despois os poñedes en común, será un xeito de darlle nova vida tamén á nosa lingua. |
Os hórreos na pintura
Supervivintes
Castelao, Galicia Mártir, 1937.
Aldea con hórreo
A. Terreiro, acuarela, 1957, Centro Gallego de Buenos Aires

Sen título
Mara, 1976, Patronato da cultura galega.
Dos hórreos
Samuel Mallo López, 2ª metade s. XX.

Antonio Fernández
José Luís fernández Rodríguez, óleo, 2010

Amalia Rodríguez