Saltar navegación

Mecanismos dos cambios semánticos.

Metáfora

Trátase dun traslado de significación por semellanza dos sig­nificados de dúas palabras. Así, pata dun moble por semellanza coas dos animais; folla de árbore/folla de papel; ollo da cara/ollo dunha agulla.

Metonimia

É un traslado de significación por contigüidade de significa­dos. As relacións poden ser de proximidade (puño da camisa), aplicar o significante do continen­te ao contido (beber un vaso, un ribeiro), materia/obxecto (unha pintura), axente/instru­mento (o trompeta), autor/obra (un laxeiro), orixe/produto (un ribeiro).

Etimoloxía popular

Consiste en atribuír a unha palabra unha orixe que non é certa. Dá lugar a vulgarismos, pois é un traslado de significa­ción por semellanza dos significantes (*metereoloxía por meteoroloxía; *aptitude por actitude; *vagamundo por vagabundo; *mondarina por mandarina).

Elipse

Consiste nun traslado de sentido por contigüidade de signifi­cantes que adoitan ser empregados no mesmo contexto. Así, vivir no quinto [andar]; estudar segundo [de Bacharelatol; un [viño] tinto.