Saltar navegación

U-la chave do tesouro?

casa de pedra con corredor de madeira

Poucos días antes de ingresar no hospital do que xa non volvería con vida, o avó Estevo deume nun sobre unha foto da casa familiar na que el naceu, e na que a todos nos presta reunirnos nas vacacións e noutras datas sinaladas. Malia que naquel momento non o vira, por detrás da fotografía, escrito do seu puño e letra, estaba escrito: U-la chave do tesouro?

Entón tiña eu dez anos. Cando, tempo despois, me percatei da existencia da frase escrita, non a entendín. Lembro darlle voltas ao sentido da pregunta sen atoparllo. Mesmo percorrín a casa por sitios onde antes non me atrevera: a bodega, o cuarto da calefacción, o faiado cheo de trastos... tampouco mirei moi a fondo, que lle teño medo ás arañas, ha,ha... Meus pais din que foi unha chiscadela do avó, unha broma que me quixo gastar, pois era moi afeccionado ás apegotas. Mais, un día escoitei unha conversa que acendeu algo na miña cabeza. Mamá dicíalle á tía Sofía que xa probara con tódolos contrasinais que se lle ocorreran e que non conseguía dar coa chave da bitácora que o avó creara nas clases de informática para persoas maiores ás que ía. Que era unha mágoa, con aquel nome tan bonito: "No faiado da casa". Subín correndo ao meu cuarto e acendín o computador. Escribín na barra do buscador o nome da bitácora. Despois duns segundos apareceu na pantalla unha foto da nosa casa familiar, a mesma que o avó me regalara. Non había ningún enlace activo, agás a barra que pedía contrasinal. Probei con U-la chave do tesouro? De seguida saltou a mensaxe: Contrasinal incorrecto, probe U-lachavedotesouro

Lectura fácil

APOIO TEXTUAL

A BITÁCORA DE ESTEVO: Viaxe ó mundo do léxico galego dunha forma lúdica e visual.

O avó Estevo tiña na web un blog ou bitácora titulado “No faiado da  casa”. Despois da súa morte, a familia lamenta non saber a chave de acceso para acceder a esa bitácora.  Ou si? Pouco antes de morrer, o avó regaláralle á neta unha fotografía da casa familiar. Por detrás había escrita unha pregunta: U-la chave do tesouro? 

Que misterio se esconde detrás desta fotografía? Terá que ver algo coa bitácora?

Lectura facilitada