Saltar navegación

Queres poñerte a proba?

Exercicio 1

Agrupa as seguintes palabras en cinco campos semánticos diferentes:

cadelo, millo, coitelo, gorxa, caluga, soto, cuxo, año, gañote, faiado, cabuxa, centeo, orxo, cunca, xerra, sobrado, cóbado, garfo, trigo, adega, nocello, avea, culler, poldro, bacoriño, centeo, funil, calcaño, solaina.

Exercicio 2

En cada unha das seguintes series de palabras hai unha que non pertence ao mesmo campo semántico cás demais. Indica cal é:

morno, tépedo, quente, rexo, conxelado, xélido, frío:

lesma, ra, miñoca, cágado, verme, sapo, cosco, croio:

irmán, curmán, xenro, doutor, sogra, nora, bisavó:

escano, cadeira, tallo, randeeira, sofá, engazo:

xoinamoina, túzaro, lercha, trosma, eivado:

Habilitar JavaScript

Exercicio 3

Cal é o campo semántico ao que pertencen as seguintes palabras?

Rabaño, grea (rabaño de toda unha clase de gando, especialmente a manada de égoas e cabalos coas súas crías).

Fato (grupo de animais)

Manda (banco de peixe)

Cardume (banco ou grupo grande de peixes da mesma especie que se moven xuntos).

Exercicio 4

Indica as palabras do campo semántico do tempo de choiva que hai neste texto:

Treboada.

O val amañeceu con todos os louxados cubertos de orballo. Despois, un mouro nubeiro toldou o ceo polo leste, o que facía presaxiar unha forte treboada, anunciada deseguida con algún lonxano alustro que enchía de luces o monte do Xirimil; acompañábanos os estalidos dos trebóns que se achegan. A trona botóusenos enriba de golpe e os lóstregos cruzaron o ceo. A claridade que acompañaba os fogonazos perduraba na retina. Ao pouco, unhas pingadas raras e grosas deron paso a unha bátega. Os refachos aumentaron e logo escoitamos a choiva zurrando contra os vidros. Dende a fiestra contemplei como a auga que esvaraba pola costa se convertía nunha enxurrada que buscaba ás carreiras o caneiro, para desaparecer nel. Vendo como arroiaba, un auténtico diluvio, ninguén esperaba que estiñase tan rapidamente. O golpeteo xordo das  gallas da figueira contra o corredor comezou a froxar. Amainaba. Clarexou algo e apareceu nidiamente o arco da vella debuxado contra o monte. Desfíxose case tan axiña coma as de verán, cando as tardes de alfa, irrespirábeis, chaman pola treboada que refresque os sentidos e espante a xoula. Mais, desta vez, do que non puidemos disfrutar foi do intenso olor que asolaga a terra despois das treboadas de verán.

Exercicio 5

A que campo semántico pertencen as seguintes palabras?

Biqueira, cortizo, trobo, enxame, favo, célula, colmea, fol, fumigado, espátula, tampa, cadro, cera de molde, tea, veo: .

Habilitar JavaScript

Exercicio 6

Indica a coincidencia ou non dos seguintes termos do campo semántico das terras de labor utilizando os signos + e - (+=si; -=non; +-= non é relevante, pode estar ou non):

Próximo á casa

No monte

Legumes e hortalizas

Cereais

Maior extensión

Leira

Leiro

Horta

Horto

Agra

Cortiña

+-

-+

Bouza

Seara/

senra

Poulo

-+

+-

+-

Habilitar JavaScript

Exercicio 7

Forma unha oración que teña sentido empregando cada un dos seguintes grupos de palabras:

erguerse, ceifar, cortiña

esquecer, pa, devesa

choer, sebe, buxo

sementar, eixada, rella

andar, encrucillada, corredoira

pendurar, gramalleira, pote

cisalla, gadaña, apeiro