Saltar navegación

Refráns

 

Xa sabes que as persoas maiores recibimos información e cultura dos nosos devanceiros condensada en refráns e ditos que repetimos a miúdo. Velaquí che deixo algúns, para que sigan o seu camiño...

Refráns

Boas olas, boas sobras.

Casa de dúas portas é mala de gardar.

Co candil morto todo é loito.

Nin casa ao pé do río, nin viña ao pé do camiño.

O que non vén á miña casa, bótame fóra da súa.

Os cachos tiran ás olas.

Onde vivan cen, vive ti tamén.

O que á beira do río mora, unhas veces canta e outras chora.

Frases feitas

Andar de carrabandeira: estar fóra de casa a falar con uns e con outros

Ser a porta da vila: ser unha persoa locuaz

Ir cos da feira e vir cos do mercado: mudar facilmente de opinión

Estar de concello: estar a falar

Non ter lume nin casa ( ou “non ter leito nin teito”): non ter ocupación.

Sen casa nin lar: sen domicilio fixo.

Adiviñas o que é?

Cen redondiñas

e un redondón,

un saca saca e un quita e pon.

o

Habilitar JavaScript

Adiviña o que é:

De que haberá que encher un pucheiro

para que pese menos que baldeiro?  De

 

Nace na devesa

e vén bailar á artesa. A

 

Que é unha cousa

que ten un sombreiro,

dúas mans e tres pes? O

 

Ten un dente

e chama pola xente. A

 

Teño medias e teño cuartos

e non teño diñeiro

pra comprar zapatos. O

Habilitar JavaScript

Queres recuncar?

Acertaches algunha? he,he. Vouche poñer a última, a ver se a adiviñas. Como é un tanto difícil douche varias opcións: o adival (corda), o estadullo (pau), o fol.

Vai encollido para o monte

e vén estirado para a casa.

Habilitar JavaScript