Algún vocabulario deste listado é doado de ver na cidade, outro non tanto. Ben lembro o que che gustaba ver arredor da nosa casa do Muíño Vello. O que máis, o río. Recoller amoras “xigantes” na beira do muíño, observar os cágados nas pozas, as píntegas na pía, atravesar os pontóns de pedra brincando á pata coxa... As nosas palabras seguen servindo hoxe para nomear outras realidades, non tan diferentes ás de antano...
U-la chave do tesouro?
No entorno
Adro: Terreo, xeralmente cercado, que adoitan ter as igrexas ao seu redor ou ben diante delas. |
|
Alfoz (O aberto) (ár.: Al-hauz): Espazo que está arredor dunha poboación. SIN. arrabalde, arredores, aforas, periferia, veciñanza. Cast.: comarca, In.: region. | |
![]() |
Cancela: (de cancelo). Estrutura que se coloca nunha portela para abrir e pechar o paso; canceleira, canceleiro. |
Canizo: Estrutura con varas ou paus entretecidos para facer divisións ou cerrados. | |
![]() |
Cataventos: Aparello que consiste nunha barra vertical sobre a que xira, indicando a dirección do vento, un anaco de tea en forma de manga ou unha peza de metal en forma de frecha. |
Colector: Conduto principal da rede de sumidoiros. | |
![]() |
Contedor ou colector do lixo: depósito de grandes dimensións que se coloca nas rúas para a recollida do lixo. |
![]() |
Gabia: Abertura longa e estreita que se fai nun terreo para levantar un valado, pór os cimentos, conducir a auga etc. |
![]() |
Lastro: Pedra en forma de prisma rectangular que se usa para pavimentar as rúas. |
![]() |
Pía: recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas ou tamaños, segundo o uso que se lle dá. Sin. bacía, maseira. |
e![]() |
(Tampa do) sumidoiro |
![]() |
Sumidoiro: Conduto, xeralmente subterráneo, polo que se evacúan as augas da chuvia e as procedentes de residuos das vivendas, da industria, etc. |
Aira/eira (espazo chan próximo á casa onde se mallan os cereais; espazo chan no centro do lugar onde se celebran reunións). | |
![]() |
Beirarrúa: espazo nas marxes dunha rúa, cunha certa elevación sobre o nivel desta, para que circulen os peóns. |
![]() |
Beiravía: espazo á beira dunha estrada, xeralmente separado cunha liña, reservado para a circulación de peóns e vehículos de tracción animal, ou utilizado como zona de seguridade ou para deterse os vehículos en caso de necesidade nas autoestradas e autovías |
![]() |
Bisbarra: Territorio de límites pouco precisos, que xeralmente rodea un núcleo de poboación de certa relevancia e que pode abranguer outras entidades de poboación. 2. Comarca. |
boca da rúa= embocadura= boqueira |
|
Bulevar: rúa ancha e con árbores. | |
![]() |
Encrucillada: lugar onde se cruzan dous ou máis camiños. cf. intersección , cruzamento |
Estrada: vía destinada á circulación de vehículos automóbiles. Focha, fochanca: buraco pequeno na terra, tamén no asfalto (cast. Bache) | |
Guindastre: máquina para levantar e levar grandes pesos dun punto a outro. | |
![]() |
Quella: rúa ou camiño moi estreitos. Sin. calello, calella, canella, canellón. |
![]() |
Rañaceos: Edificio de moita altura.. |
![]() |
Rúa: camiño dentro dunha poboación, rodeado por casas, árbores etc.. |
![]() |
Rueiro/quinteiro: especie de praza ou terreo comunal.
Venela: paso interior entre dúas vivendas. |