Saltar navegación

Aéreos

Vocabulario básico

Aluar: (de a + lúa). Pousarse na superficie da Lúa unha nave espacial.

Aterraxe: (de a + terra). Feito de se pousar na terra un avión, un helicóptero ou unha nave espacial.

Autoxiro: aparello voador, antecesor do helicóptero, provisto dunha hélice na parte superior que lle permitía subir e baixar verticalmente.

Avión: aparello con ás e motor de hélice ou de reacción que lle permiten voar e que se utiliza para o transporte de pasaxeiros ou de mercadorías ou con fins militares, deportivos etc. sin. aeroplano. cf. aeronave.

Foguete: (de fogo). Proxectil autopropulsado que se emprega como arma de guerra ou para investigar o espazo exterior.

Fretar: ( prob. do fránc. *fretan). 1. Alugar un barco, coche ou avión para transportar mercadorías ou persoas. 2. Embarcar persoas ou mercadorías para o seu transporte. Cast.: fletar, Fr.: fréter, In.: to freight.

Frete: ( fr. frete). 1. Prezo estipulado polo aluguer dunha nave, avión, etc. 2. Carga dun buque, avión ou camión. SIN. carga, cargamento. Cast.:

Helicóptero: (do gr. helix ”espiral”+ -ptero “á”). Aparello voador que se sostén no aire grazas a unha ou máis hélices de eixe vertical, accionadas por un motor.

 

Teleférico: Vehículo de transporte formado por unha cabina que se despraza pendurada dun cable, empregado para salvar grandes desniveis, sobre todo en montaña.