Saltar navegación

Terceira porta

PARABÉNS

Parabéns, Amelia!

Vexo que aprendes rápido! Seguro que tamén queres saber moitas cousas do mundo das profesións e dos oficios. Lembra buscar máis información pola túa conta; observa e estuda os traballadores que nos rodean... Teño a certeza de que despois serás quen de abrir a terceira porta que dá acceso ao tesouro.

Os oficios e as profesións

Benvida ao mundo dos oficios e as profesións!

Ben é certo que hoxe en día hai moitas profesións modernas (teleoperadores/as, astronautas, programadores/as...) e que o mundo laboral exixe unha rápida adaptación a novos materiais, nova tecnoloxía... Por iso mesmo é preciso non esquecer aquelas profesións que aplicaron o seu enxeño e habelencia a aqueles materiais que ofrece a natureza na nosa terra, dando resposta ás necesidades dos galegos e galegas durante séculos. Velaquí tes unha proposta para aprenderes algo dos nosos oficios e profesións tradicionais.