Saltar navegación

As chegadas a partir do século XI

A chegada de galicismos

A partir do s. XI comeza o influxo francés. Chegan os primeiros cluniacenses; o Camiño de Santiago convértese nun foco de penetración, acentuada con Afonso VI (unha das súas mulleres era francesa). Ademais, o rito cristián mozárabe cambiouse polo romano, de modelo francés. A grafía visigótica foi substituída pola francesa (ch, lh, nh). A penetración de galicismos é constante até o s. XIII.

Penetran palabras como mensaxe, deleite, homenaxe, freire, monxe, deán, vianda, manxar, vinagre...

Préstamos a través da literatura medieval

No léxico dos cancioneiros galego-portugueses é especialmente notábel a presenza de préstamos do provenzal e do francés, o que nos dá idea da importante e fluída relación que naquela época se estableceu entre Galiza e outras rexións da Europa.

Galicismos:

Dama

sage

(sabio)

adubar

barna gen

(nobreza)

Provenzalismos:

assaz (bastante)

trobar

trobador

segrel

doncel

solaz

(pracer)

Voces desaparecidas ou de pouco uso:

Vegada

(vez) (pouco uso)

Eire

(onte)

Cadal

(capital)

« Anterior | Siguiente »