
Moito me gusta deixarche estas frases e refráns que lle dan vida á nosa lingua. Oxalá que as novas xeracións manteñades en uso este fermoso vocabulario.
Moito me gusta deixarche estas frases e refráns que lle dan vida á nosa lingua. Oxalá que as novas xeracións manteñades en uso este fermoso vocabulario.
Refráns, ditos e frases feitas
Refráns
Cando hai uvas e figos, amaña os teus vestidos.
O que o vello non remenda sempre anda metido na tenda.
Casa cousa pro que é, e o zapato pro pé.
Comprar para as medras |
Mercar a roupa grande |
Por campar, rabiar |
Ir incómodo por ir elegante |
Non pousar a mosca nun |
Andar ben vestido e elegante |
Andar feito un farrapo |
Andar vestido con roupa vella e esfiañada |
Andar feito un adán |
Estar fisicamente descoidado |
Ir de gala/vestir de gala |
Vestir moi elegante |
Facer gala |
Gabarse |
Estirar os pés máis do que cobre a manta |
Exceder os límites das propias posibilidades |
Fío da auga |
A tona da auga |
Fío de armar |
O fío que remata a rede |
A fío |
De maneira continua (“pingar a fío”) |
Non dar puntada sen fío |
Actuar examinando antes os posibles beneficios |
Pendurar dun fío |
Estar ameazado de ruína |
Perder o fío |
Esquecer, nunha conversa ou discurso, o asunto do que se estaba a falar |