Saltar navegación

Polisemia. Homonimia

Polisemia

Polisemia: prodúcese cando unha palabra ten varios significados. Nos dicionarios adoitan aparecer os termos polisémicos cunha soa entrada e varias acepcións de significado, ex.:

Libra: 1. Constelación. 2. Signo do zodíaco. 3. Medida de peso. 4. Moeda.

Exercicio

A que piorno se refire o seguinte cantar popular, á ilustración a  ou á b?

Meu sogro ten dous piornos

e miña sogra ten tres,

en ningún deles os ratos

topan un grau que roer.

Á .

a    b

Habilitar JavaScript

Polisemia

Homonimia: prodúcese cando dúas palabras con significados diferentes coinciden na forma (debido á evolución fonética da lingua ou á coincidencia dun préstamo cunha palabra xa existente).

- Exemplo de coincidencia por evolución fonética:

Lazo: (de laqueu): nó, lazada.

Lazo: (de glatiu): tona de xeo sobre un líquido.

- Exemplo de coincidencia dun préstamo cunha palabra xa existente:

Carpa: peixe.

Carpa (do quechua): circo.

Se temos unha soa forma para varios significados, a única maneira de sabermos se estamos ante un caso de polisemia ou homonimia é recorrendo á etimoloxía. Habitualmente, nos dicionarios os homónimos teñen entradas diferentes, normalmente numeradas, ex:

Lía 1 ( de liar) Corda trenzada de esparto.

Lía 2 (célt, lega) 1. Pouso, feces 2. Bullo, depósitos que se forman nos líquidos fermentados.

Seguro que o entendes?

Lia (1) e lía (2) son palabras .

Lía (2) é unha palabra .

Habilitar JavaScript

Palabras homófonas

Son homófonas dúas ou máis palabras que se pronuncian igual (identidade fónica), pero non coinciden graficamente, como:

 

rabo < rabu ( apéndice posterior de moitos animais)

ravo < raphanu (planta de raíz comestible)

naval < navale (relativo á navegación)

nabal derivado de nabo < napu (terreo sementado de nabos)

baca

vaca

balor

valor

bago

vago

Palabras homógrafas

Son homógrafas as palabras que se escriben igual (identidade gráfica) e se pronuncian igual (identidade fónica). Por exemplo:

 

vin < videre (do verbo ver) vin < venire (do verbo vir)

coco < do aimara (árbore tropical e o seu froito)

coco < kokkos (verme que se cría nalgúns ali­mentos)

don (regalo) don (tratamento)

dieta (paga) dieta (réxime)

Tamén son homógrafas as que non coinciden na forma fonética e si na gráfica:

 

golpe (o aberto)< vulpu (raposo)  golpe (o pechado)< colpu (choque violento)

bola (de pan)

bola (esfera)

doce (número)

doce (pastel)