Saltar navegación

Primeira porta

PARABÉNS

Pos si, Amelia, no faiado. Pero non só alí. Terás que buscar noutras partes até atopar catro cousas que deixei para ti. Vaiche vir moi ben poñer atención á información que che preparei sobre as vivendas e o que hai nelas.

AS CASAS

MARABILLOSO o mundo da CASA!

Se queres a chave da segunda porta, has precisar coñecementos básicos das casas galegas. 

Ben sei, Amelia, o moito que che gusta vir á nosa casa do Muíño vello. Lembras o que gozabas recollendo galanas na aira? Cando eras máis pequena, non deixabas recuncho sen revolver. Mirabas para a trapela que dá acceso ao faiado e preguntabas que había alí. Eu dicíache que alí tiñas o teu tesouro, que xa o buscarías cando medraras. Pra ti, a casa só era un espazo máis de xogo. Pero a casa, o lar, é moito máis importante. Foi cambiando e adaptándose aos tempos: os teitos xa non se fan de palla, o lume deixou de acenderse no chan; onde antes se gardaba o carro agora soe haber un tractor ou un coche (que  en portugués segue a chamarse “carro”), xa non hai que durmir tapados por culpa das folerpas que se coaban co vento... esas mudanzas na construción das casas axúdannos a saber como eran os nosos antepasados e o que lles debemos. No camiño cara á modernidade tamén podemos levar con nós as palabras que herdamos...
Eis tes información sobre moitas das casas máis comúns da nosa terra. Na biblioteca atoparás moita máis información, tamén na web. Ah! e non esquezas seguir observando ao teu arredor as casas que nos albergan.