Saltar navegación

Referencias literarias

 

Patronato da Cultura Galega de Montevideo

O carro, como instrumento básico para o traballo tradicional no campo, ten presenza tanto na literatura coma na pintura. Xunto á fouce e ao arado, é o elemento de maior simbolismo.

Na literatura ambientada no rural galego, aparece coma un elemento máis (como no exemplo que che ofrezo de Fole); mais tamén é símbolo dun mundo que se  observa en vías de desaparición, como o poema "O carro" de  Manuel María).

Habilitar JavaScript

Ánxel Fole, Á lus do candil, 1953

Do conto "Antón de Cidrán"

Ó día seguinte, Antón foi varexar as castañas, pola mañá ben cediño. Cando estaba no cimo do castiñeiro esvarou e caíu. Debaixo había un carro cheo de ourizos. Espetouse nun fungueiro polo bandullo, e saíalle a punta polo lombo. Levárono á casa. Mais chegóu xa difunto.

Todo aquil día chovera a todo meter. A campa de Xan da Cruz estaba no camiño do camposanto. Toda ila se asulagara. Tiveron que levala caixa nun carro de bois.

É ben certo que o que vé o seu enterro en vida, xa está cun pé no outro mundo.

Responde: Que outro nome pode recibir o fungueiro?

Habilitar JavaScript

Manuel María

Non canta na Chá ninguén

por eso meu carro canta,

canta o seu eixo tan ben,

que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso

fino coma un asubío

oncas pegadas saudoso

faise no arrechouchío.

E o meu carro é cerna dura,

sábese carballo e freixo

que fermosa a súa feitura

que lixeireza do eixo,

As cousas vanse aledando,

por onde o meu carro pasa

e carrétame herba pró gando,

tráeme a colleita prá casa.


http://letras.terra.com/fuxan-os-ventos/1244086/

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=v4trbBIeySY

Dito popular

-Meu carriño novo, quen te fai vello?

-Catro meses de verán e oito de inverno.

Sabes ...?

... como se chama o carpinteiro especialista na fabricación de carros?