Superestrato lingüístico (as ponlas)
Os pobos bárbaros
Os pobos bárbaros (nome de orixe onomatopeico) viñan facendo incursións na península dende o s. II, pero é a comezos do s. V cando a través dos Pirineos penetran unha serie de pobos xermánicos coa intención de conquistar terras para asentarse: son os suevos, vándalos, alanos; posteriormente os godos e visigodos (en principio mandados por Roma para poñer orde, acabaron por facerse co poder).
Palabras que proceden das linguas xermánicas
Aos suevos debémoslles palabras como o topónimo Suevos. Outras palabras con esta procedencia poden ser: laverca, brétema, broa, feltro, lobio.
lobio: 1. Parra pequena, combarro. 2. Conxunto de follas de parra. . |
![]() |
A outros pobos xermánicos debemos os seguintes elementos:
Moitos antropónimos e patronímicos:
Álvaro, Adolfo, Afonso, Luís, Carlos, Elvira, Fernando, Froilán, Galindo, Ramiro e apelidos: Alvar+Ici: ÁLVAREZ.
Léxico referente á guerra e aos costumes:
agasallar |
helmo |
estaca |
espía |
roupa |
Topónimos rematados en:
- ar: Gondomar, Tosar...
- mil: Samil, Castromil...
- ende: Ricosende, Ermisende...
- monde/mundi: Baamonde, Taramundi...
- riz: Guitiriz, Sabarís...
- ufe/ulfe: Gondulfe...
- xil: Faxilde...
- outros: Suevos, Godos, Valdegodos, A Gudiña...
Outro léxico:
boroa |
escuma |
pouta |
tripa |
espeto |
gañar |
rico |
rifar |
roubar |
roupa |
branca |
roca |
espertar |
estaca |
gardar |
sopa |
xabón |
gris |
As palabras de orixe árabe
O característico desta lingua é o artigo AL-; as palabras que non o levan é qporque o l sufriu asimilación (alzait>aceite), ou porque a palabra foi tomada da lingua escrita. As palabras de orixe árabe son moitas, referidas maiormente aos saberes nos que os árabes estaban moi avanzados:
Expresións e interxeccións:
oxalá |
¡ala! |
de balde |
Administración:
alcaide |
alcalde |
alférez |
Construción:
albanel alfeizar |
alcázar andamio |
alicerce azulexo |
azotea tabique |
Topónimos:
A Almuzara |
A Mezquita |
Agricultura e gandería:
aceite acequia |
albeite alcatraz |
berenxena cenoria |
maquía nora |
tarefa arroz |
Ciencia:
alquimia auxe |
álxebra alquitara |
cénit nadir |
cifra alambique |
logaritmo algorismo |
xarope alcol |
Outras:
acibeche alcoba |
adival argola |
alfaia arroba |
alelí alfinete |
alfil alfareiro |
almofada albornoz |
azucena almibre |
cirolas rabel
|
gandulo zoco |
tarefa acicate |
Algunhas palabras de uso medieval desapareceron ao seren substituídas pola forma latina: alfaiate>xastre; alfaxeme>barbeiro. Outras perviven con cambio de significado: albeite (médico: veterinario). Algunhas palabras proceden de calcos semánticos: infans (neno)>fillo do rei, novas> suceso, fazaña.