Xa sabes o que me gusta presumir de riqueza lingüística, Amelia. Observa a correspondencia entre as frases feitas e os seus significados. Oxalá sigan sendo por moitos anos areas de sal que dan sabor á nosa lingua!
|
Frases feitas |
Significado |
|
Estar entre o eixe e a roda |
Atoparse nunha situación apurada |
|
Poñer o carro diante dos bois |
Adiantarse ós acontecementos |
|
¡Para o carro! |
¡Contente! |
|
Tirar do carro |
Axudar nun traballo |
|
Vivir a todo tren |
Xeito de vivir con luxo |
| Levar bo tren de vida | Xeito de vivir con luxo |
|
Chegar a Venezuela |
Atoparse a moita distancia da costa |
|
Andar no tren que vai a Carral |
Desaparecer para sempre |
|
Estar en vía morta |
Atoparse nunha situación que non avanza nin retrocede |
|
Estar fóra de puntas |
Estar moi distraído |
|
Meter o barco nas pedras.
|
Meterse nun conflito do que pode ser difícil saír. |
| No meu carro non vai a misa | Non confío nel |