Saltar navegación

2

Canle

canle de pedra

(lat. canale). Calquera condución de auga; cal, caldeira, caldeirón, canal, quenlla.

Camposa

campo con herba

(de campo= lat. Campu(m). Lugar desarborado no que medran as herbas espontaneamente. SIN. campela, campaza, campeira, campizo, campón, campía, campío.

Cavorco

montañas con cavorco

lat. cavu(m) "oco". 1. Depresión ou valgada profunda. 2. Camiño fondo entre montañas, por onde corre un regato.

Chaira

estrada nunha chaira, con dous camiñantes

(do lat. Planus “plano”). Extensión considerable de terreo chan, sen elevacións. SIN. planicie.

Cordal

perfil de varias montañas

(de corda= lat. Chorda(m). Grupo de montañas enlazadas. SIN. cadea, cordilleira, serra.

Corga

varios exemplos de corgas

(de corgo = lat. Hisp. Corrug(m). 1. Camiño de carro máis fondo có terreo que o rodea. SIN. congostra, corredoira. 2. Zona moi pendente dun camiño ou dun terreo 3. Pequeno curso de auga que vai por unha depresión do terreo, formado pola unión de varios regatos que baixan do monte. Sin. Córrego.

Corredoira

vista dunha corredoira con varios camiñantes pegadas do carro nas pedras

( de correr). 1. Camiño de carro estreito e fondo que discorre entre valados; congostra. 2. Camiño fondo e estreito; quella.