Saltar navegación

Termos opostos.

Termos opostos en tanto ao significante (gramaticais, léxicos, diferentes lexemas)

Opostos gramaticais: formados mediante prefixos con valor negativo:

 

normal/anormal, facer/desfacer, feliz/infeliz, conforme/ disconforme, recuperable/irrecuperable...

Opostos léxicos: a oposición de significado prodúcese mediante dous lexemas distintos:

antes/despois, vivo/morto, cedo/tarde, amar/odiar...

Opostos que se forman mediante prefixos negativos, pero que ademais teñen lexemas distintos:

apto/inepto, nocivo/inocuo.

Termos opostos en tanto ao significado (complementarios, antónimos, inversos ou recíprocos)

· Complementarios 

A negación dun implica a aseveración do outro. Por exemplo:

vivo/morto, dentro/fóra, monolingüe/plurilingüe, rural/urbano, igual/diferente, aceptar/rexeitar, tónico/átono, xunto/separado, aberto/fechado...

· Antónimos

A negación dun non implica a afirmación do outro. A súa característica básica é que son regularmente graduables. Por exemplo, frío e quente son antónimos porque, aínda que se puidera pensar que o que non está quente está frío, existe un grao intermedio entre ambos que é morno. Así, poden considerarse antónimos grande/pequeno (existe mediano), neno/vello (existe mozo), caro/ barato (existe asequi­ble), nena/moza/vella..

· Inversos ou recíprocos

Son termos contrarios que se implican mutuamente, é dicir, a afirmación dun supón a afirmación do outro (para que exista un ten que existir o outro): pai/fillo, tío/sobriño, sogra/nora, amo/criado, alumno/profesor, pregunta/resposta e enviar/recibir son algunhas mostras.