Saltar navegación

3

Cortiña

vista dunha cortiña

(de corte, cohors-tis "recinto pechado"). Terreo próximo á casa de labranza destinado ao cultivo de legumes e cereais. P. ext. Calquera terra de boa calidade.

Cumio

pico da montaña

(lat. Culmen). Cima, parte máis elevada dunha montaña. Sin. Cotarelo, coto, cumio, curuto, petouto, pico, picota, picouto. Cast.: cumbre, Fr.: cime, In.: top.

Devesa

monte de árbore

(lat. defensa(m) “prohibición). 1- Terra ou propiedade con cercas ou valados. 2- Restrínxese a bosque ou finca privada. 3-Terreo acoutado e poboado con árbores autóctonas, destinado xeralmente a pastos ou a leña. Cast.: dehesa, Fr.: pâturage, In.: pasture.

Encoro

encoro

(de encorar). 1.Cantidade ou volume de auga almacenada nunha presa; encalco. 2. Muro, dique que impide o paso da auga e fai subir o nivel.

Espenuca

catro fotografías con diferentes espenucas

(lat. spelunca(m). Cavidade natural profunda, aberta nunha montaña. Sin. Cova, caverna, pala, gruta. Cast.: gruta, Fr.: grotte, In.: grotto. Sin. cova, gruta. Cast.: espelunca, Fr.: grotte, In.: cave.