Saltar navegación

Relacións semánticas.

Causas psicolóxicas

Xa vimos que os semas son cada un dos trozos diferenciadores no significado dunha palabra. A análise dos semas serve para facermos definicións máis precisas e para delimitarmos máis facilmente os sinónimos. As relacións que establecen entre si as palabras dende o punto de vista do significado poden ser de diferentes tipos: sinonimia, homonimia, polisemia, paronimia, e termos opostos.

Sinonimia: pode ocorrer que un mesmo significado sexa expresado por medio de dúas palabras distintas.

Definición

A sinonimia é a relación de identidade ou semellanza de significados entre dúas ou máis palabras, de maneira que a substitución dunha delas por outra no mesmo contexto non altere o sentido da mensaxe enviada. Trátase dun significado ao que corresponden varios significantes. Dúas palabras son sinónimas cando teñen o mesmo significado, os mesmos trazos semánticos e son intercambiables.

Os sinónimos perfectos

Os sinónimos perfectos teñen exactamente a mesma significación, son intercambiables en todos os contextos e, por ese motivo, escasean na lingua común. Algúns sinónimos perfectos son cotenos, cotelos e cotobelos; cuxo, becerro e xato; alfaiate e xastre, etc.

Os sinónimos imperfectos

Os sinónimos imperfectos pódense intercambiar só en determinados contextos; son máis abundantes. Por exemplo, os termos “encher” e “fartar” só poden ser sinónimos en determinados contextos: en Xa me estás enchendo/fartando, pero non en A caixa está chea/farta.  Observa tamén o seguinte exemplo: É un home vello/ ancián. É un moble vello/ *ancián.

Practica

Saberías indicar os sinónimos perfectos das seguintes palabras?

Xouba-

-morroncho

Concho-

Cosco-

- castiro

Habilitar JavaScript