Saltar navegación

A roupa 1

Chapeu

chapeu 

Peza de vestir, redonda e con ás, para cubrir a cabeza; sombreiro.

Chambra

home de costas con chambra longa

 (fr. robe de chambre). Peza de vestir exterior, ancha e con mangas, que cobre a parte superior do corpo; blusa, camisola.

Faldra

saia azul

(xerm. *falda “dobra”). 1. Peza de vestir exterior que cae dende a cintura; saia. 2. Parte inferior dun vestido, mandil, hábito, etc. que vai solta dende a cintura para abaixo; aba.

Lapela

lapela de abrigo verde

(de lapa). Parte anterior e superior dunha chaqueta ou un abrigo volta para fóra.

Luvas

luvas para a neve vermellas

(gót. Lofa). Peza de vestir que cobre a man e os dedos; guante. Cast.: Guante, Fr.: gants, In.: gloues.

Mantelo

  (lat. mantellu). Peza do vestiario feminino coa que se cobre a cabeza e cae polas costas.

Peto

pantalón con petos

(de pedir). Peza do vestido, con forma de bolsa, para gardar obxectos miúdos ou para abrigar as mans. Cast.: bolsillo, Fr.: poche, In.: pocket.