Saltar navegación

A historia do tío avó Santiago

 

Se superaches os tres niveis do xogo e te atreves co cuarto, axiña has coñecer o que lle aconteceu a Santiago. Así chegarás a rematar con éxito o xogo.

Para ir descubrindo o que falta, necesitarás lembrar información dos niveis previos do xogo, desmostrar dotes de investigación e presumir da competencia léxica adquirida.

1º capítulo

1: Termo complementario de "morte". 2:  Lugar onde se esconde algo.  3: Venda ilegal de produtos, especialmente, despois da Guerra Civil española.  4: Coseu con puntadas longas.    5: Terreo plantado de vides.    6: Vehículo tradicional de tracción animal. 7: Sinónimo de  "arestora".  8. Palabra homónima.   9: Antónimo de "desembarcou".   10: Antónimo de "mala".

Dadas as circunstancias, a (1) de Santiago corría perigo. Cumpría actuar sen demora. O pai sacou dun (2) o diñeiro que fora conseguindo do (3) do mineral, descoseu o forro da manga dunha chaqueta do fillo, (4) os billetes ben estirados e volveuna coser. Unha noite, sen despedirse de Estevo, Santiago abandonou a pé a súa casa, a súa aldea.  Para el, o mundo remataba en Buxán, a aldea na que tiñan as (5). Cando o viño estaba feito, saían no (6) aínda de noite, chegaban á hora do xantar, cargaban e estaban de volta no Muíño Vello xa de noite. (7) víase obrigado a ampliar horizontes á forza.

Santiago camiñou de noite e procurou pasar desapercibido de día ata chegar á (8) de tren, que vía por primeira vez. A partir de aí foron moitas as cousas que viu e fixo por primeira vez. A distancia entre o mozo que saiu ás présas unha noite da casa de seu pai e o home que (9) en Vigo cara a América tres meses despois só se pode medir en horas de angustia, medo e afouteza. Por fortuna, deu con (10) xente que lle axudou a comezar unha nova vida. 

Habilitar JavaScript

2º capítulo

1: Parente (nivel 1)    2: Hipónimo de "correspondencia".  3: Profesión: Persoa que ensina.  4: Profesión: Persoa que se ocupa de sacar gume aos utensilios.  5: Colectivo de pai e nai.  6: Mamífero carnívoro da familia dos cánidos, tamén coñecido como "golpe".  7: Enorme extensión de auga salgada.  8: Ser abstracto, dotadode diferentes atributos segundo as diversas relixións.

En canto tivo oportunidade, Santiago intentou contactar co seu pai e seu (1) Estevo. Sabedor de que a correspondencia era intervida e de que unha (2) de México non pasaría desapercibida, pensou no (3), bo home, ao que lle fixo chegar unha mensaxe cifrada por medio dun coñecido, un (4) que probara sorte na emigración. Volvía para facerse cargo da súa irmá impedida, que ficaba soa tra-la morte dos (5). Pensou moito a mensaxe para que, en caso de que caese nas mans equivocadas, non comprometera a ninguén.   O bo do (3) adoitaba chamarlle, cando era escolante, co nome eufemístico do (6), “Xatentendo”, así que abrigaba a esperanza de que axiña se decatara de quen lle enviaba a mensaxe. Era esta:

Dígalle a quen sabe que estou ben, alén (7). Logo mandarei por eles, se (8) quere.

Xamentende

Habilitar JavaScript

3º capítulo

1: Antónimo de "lembrou".    2: "Aparecera" con prefixo negativo.   3: "Disconforme", pero con dúas palabras.  4: Peza circular característica dun oficio.  5: Son agudo feito ao pasar o aire entre os labios case pechados ou por un instrumento cunha abertura estreita.  6: Instrumento para cortar que está constituído por dúas pezas cun só gume, unidas en forma de aspa por un eixe, arredor do cal xiran ao seren accionadas.  7: Abertura na parede para deixar entrar o aire e a luz, xeralmente cerrada con vidros.  8: Instrumento que produce un son agudo ao poñelo nos labios e soprar.   9: Deu golpes con cotelos.   10: Termo recíproco de "emisores".

O afiador non (1) o recado, mais non puido cumprilo.O mestre (2), así lle dixeran. Certo día, (3) coa información, levou a (4) diante da que fora a casa do mestre. Ao seu (5), os veciños fóronse achegando para levarlle coitelos e (6). A casa tiña unha (7) aberta, pero ninguén acudía ao engado do (8). Agardou a verse só e achegouse á porta da casa coa excusa de pedir un vaso de auga. (9) con delicadeza,  pois non quería chamar a atención doutros veciños. Non tardou en saír unha muller que, amablemente, convidouno a pasar e sentar mentres lle servía auga dun cántaro. Despois de beber, atreveuse a preguntarlle polo mestre. Da breve conversa mantida, o afiador perdeu a esperanza de entregar a mensaxe. A muller, esposa do mestre, relatoulle como o sacaran á forza da casa. Non volvera ter noticias del, e xa pasara máis dun ano daquela fatídica noite.

Non quixo aumentar a preocupación da muller contándolle o que alí o levara. O cifrado da mensaxe non facía doado identificar os (10), pero o normal é que Santiago quixera informar á súa familia. Tería que pensar como facelo. 

Habilitar JavaScript

Último capítulo

1: Períodos de tempo nos que se divide o ano.  2: Acción de fuxir.  3: Xerundio de enganar.  4: (palabra popular, en plural) Aquilo que unha persoa di como verdadeiro sabendo que non o é.   5: Sinónimo popular de "noiva".  6: Símbolo químico: Ag.   7: Palabra semiculta, variante de "dolor".  8: Prefixo negativo+ raíz (xusto)+ sufixo.  9: Entrado en anos: Prefixo+raíz + sufixo -ado.  10: Antónimo de "forte".

O pai de Santiago levou como puido non ter información sobre o seu fillo. Os primeiros (1) foron os peores. Despois, a falta de malas noticias parecíalle indicativo do éxito da (2). Intentaba manter á marxe o fillo pequeno, e íao (3) con pequenas (4) e fantasías. Tardou en recuperarse do día no que a (5) de Santiago veuse despedir del, pois marchaba a Francia, onde lle saíra traballo. Ademais, devolveulle un colgante de (6) , cunha pedra azul, que Santiago lle regalara. 

Foi na feira de Santo Tirso cando se achegou a el un afiador que, con discreción, lle contou o que fora de seu fillo. A alegría das boas novas mitigaba dificilmente a (7) da ausencia e a carraxe pola (8) que a provocara. Durante anos esperou en balde unha nova mensaxe, unha comunicación.

(9) polos traballos e a pena, uns meses antes de morrer, soubo que o carteiro de Leira, o que levaba toda a vida repartindo a cabalo o correo polas aldeas da súa contorna, fora detido por utilizar as cartas como combustible para a cociña de leña. Na súa casa atoparon sacas e sacas de correo estragado.

Hai cousas que un corazón (10) non pode resistir... 

 

Habilitar JavaScript