Amelia, como me gusta presumir de riqueza lingüística, aquí che deixo algunha mostra de refráns, cantares e frases feitas sobre oficios e profesións.
Refrás, ditos e frases feitas
Refráns
De labradores: Quen moito enfeixa, pouco ata. // En San Xoán, a fouce na man.// Quen pra sementar é mesquiño non precisa fouciño.// Maio pardo e san Xoán claro, prepara, labrador, o carro.//Polo san Mateo vendima a reo.// Onde vai a fouce vai o mango.

De mariñeiros: Coñécese o mariñeiro cando vén a tempestade.//Mariñeiro que dorme peixes non colle.//Gaivotas á terra, mariñeiro á merda.//Pescador de cana, come máis do que gana.//Xornada de mar non é de envexar.
De carpinteiros: No minguante de xaneiro corta o teu madeiro.//Machada de carpinteiro: non a queiras por ningún diñeiro.
De costureiras e xastres: Costureira sen dedal, cose pouco e cose mal.// A conta do pano aprende o xastre.//O que non vai nas mangas vai nas faldras.// Agulla, xastre e dedal: dancho todo por un real.
Outros: O gaiteiro pago nunca ben toca.//Non te burles dun oleiro, que da terra fai diñeiro.//O albardeiro fai da palla diñeiro.
Xoana mentres día non debana.// Isto din os obreiros de Matías: “pasen as noites e veñan os días”.//Moitos oficios ten Pericón e ningún bon.//Sogra, avogado e doutor, canto máis lonxe, mellor.//O mestre cirola, non sabía ler e puxo escola.//O comerciante e o porco só se sabe o que ten despois de morto.
Refráns que aconsellan
En xaneiro mete obreiro, mellor no último que no primeiro.
Auga en outono non lle convén ó xornaleiro nin ó seu dono
Máis vale maña que forza.
Na terra do meu home o que non traballa non come.
Gardar que comer e non qué facer.
O traballo do neno é pouco, e quen o despreza un louco.
Non hai pan sen afán.
En cama molida non se goberna vida.
Canta máis présa, máis vagar.
Mentres capo, non asubío.
A cada terra seu uso, a cada roca seu fuso.
As cousas ben feitas, ben parecen, e o que as fai algo merece.
Cantares populares
Costureira, pan na criba, tecelana, no tear; zapateiro, o pote cheo; xastre, tixola no lar.
|
Non te cases cun ferreiro, que cho queiman as chispiñas; cásate cun cacharreiro, que che fai moitas taciñas.
|
Non te cases cun oleiro, que é moi malo de lavar, cásate cun mariñeiro, que vén lavado do mar.
|
Zapateiro, oficio porco; xastre,moi camanduleiro; non te cases, miña filla, cun porquiño dun oleiro.
|
Os de Buño son oleiros, os de Tallo, serradores, os de Pazos, carreteiros, os de Padrón, labradores.
|
Os de Malpica son pescos, os de Buño son oleiros, os de Noia, zapateiros, e os de Coruña, larpeiros |
Frases feitas
Traballar para o conde. |
Traballar de balde |
Ter cara de ferreiro |
Ter cara de mal humor |
Saír ao ollo do muíño |
Obter o resultado que un proxectara |
Mollar a palleta/a subela |
Beber |
Ser mais agarrado cás uñas dun martelo |
Ser aforrón |
Amosar as ferraduras |
Dar couces |
Dar unha xeira |
Traballar moito e arreo |
Traballar de guicha |
Traballar so pola comida |
Andar como unha debandeira |
Custar moito esforzo |
Falar máis ca un avogado /ou ca un barbeiro |
Falar moito |
Anímaste a probar o que sabes?
Amelia, en clase de informática aprendimos a crear este tipo de exercicios. Non me puiden resistir a preparar uns para ti.
3- Quen fai?
6- Fraseoloxía