Saltar navegación

Sistemas de transporte

 

 

A pescuda de Amelia

"pódeste informar en libros sobre a guerrilla e os escapados, preguntarlle a historiadores locais ou a xente que aínda leva consigo as historias, coma quen leva unha carga nun serón".

Despois de reler estas palabras do avó coa miña nai, buscamos bibliografía e informámonos dos sucesos da guerra e a posguerra pola zona de Muíño Vello. Así soubemos que as guerrillas neses montes resistiron até a súa desarticulación no ano 1946, e que por alí estiveron "fuxidos" tan coñecidos coma Manuel Girón ou O Inca. A Garda Civil da época queimou moitos dos lugares que lles servían de refuxio, pero aínda hoxe se poden seguir as súas pegadas, como están facendo os membros de Sputnik Labrego, os que descubriron as pinturas rupestres de Pala de Cabras.

Será que o meu antepasado foi un fuxido? E se foi así, por qué tivo que fuxir e que sería del?