Saltar navegación

Consecuencias dos cambios semánticos.

Extensión do significado

Dáse cando unha palabra pasa a aplicarse a un número maior de referentes.

 

Comer (tomar alimentos) pasa a significar ademais desgastar (“ O sol comeulle a cor á roupa”) e gañar unha peza (no xadrez ou parchís, por exemplo).

Restrición do significado

República no latín significaba “cousa pública” e de referirse a calquera tipo de estado ou goberno pasou a designar unha forma específica de goberno. 

Afeitar nun principio significaba adornarse en xeral; hoxe en día só significa “cortar a barba”.

Burgués antes significaba “habitante do burgo”, hoxe designa só os individuos pertencentes a unha determinada clase social.

Conde/sa que en principio significaba «compañeiro», pasa a ser un título nobiliario.