PARABÉNS
![]() Parabéns, Amelia! |
No faiado da casa deixei a miña biblioteca. Alí están os dicionarios, as coleccións sobre animais, viaxes, arquitectura, saúde...e todo aquilo que me chamou a atención nesta vida. Están tapados con sabas, así que non temas, non terán arañas. Moitas cousas fermosas tes por aprender nesta vida! Na bitácora fun escollendo algunhas, pero non podo competir cos libros, nin pretender abarcalo todo. Cando algo non saibas tamén llelo podes preguntar a teus pais, á avoa, aos veciños... |