
Fíxate que cousa tan curiosa, Amelia, os hórreos, na Idade Media, aparecen debuxados por primeira vez nas Cantigas de Santa María, de Afonso X O Sabio (século XIII). |
Esta é de como Santa María salvou unha nave que ía cargada de trigo para que non se afundise e deixouna a salvo no porto. 112 Nas coitas debémoslle chamar á Virxe, estrela do mar. Esta é Santa María que aos seus noite e día garda do mal, e os guía, pois se lle van encomendar. Nas coitas debémoslle chamar á Virxe, estrela do mar.
Como fixo unha vez cunha nave cargada de trigo e de cebada de Colliure, que foi salvar Nas coitas debémoslle chamar á Virxe, estrela do mar.
Porque estaría toda acabada e perdida se non fose pola súa axuda que a quixo a salvo guiar. Nas coitas debémoslle chamar á Virxe, estrela do mar.
Porque houbera tal tormenta que, en milla, setenta correra, ou oitenta, queréndose a nave afondar. Nas coitas debémoslle chamar á Virxe, estrela do mar.
Porque o mastro foi arrincado e o temón despezado, e os da nave, de mal grado saíron de alí para escapar Nas coitas debémoslle chamar á Virxe, estrela do mar.
Nun barquiño con gran mágoa, porque viron a nave chea de auga, envorcada na area, e aquel pan todo a remollar. Nas coitas debémoslle chamar á Virxe, estrela do mar.
Iso foi cousa moi certa, que a nave quedara aberta; e por iso grande oferta prometeron entón dar Nas coitas debémoslle chamar á Virxe, estrela do mar.
Á Virxe, que rogase ao seu Fillo para que lles gardase o seu pan, e que os deixase a salvo, sen perda sufrir. Nas coitas debémoslle chamar a Virxe, estrela do mar.
Entón moi axiña remaron e da nave se afastaron e ao porto chegaron onde viron sa estar. Nas coitas debémoslle chamar a Virxe, estrela do mar.
E viron o seu pan enxoito, polo que xa fixeran loito; e por iso á Virxe moito comezaron axiña a loar. Nas coitas debémoslle chamar a Virxe, estrela do mar.
Collioure: Cidade francesa que está nos Pirineos orientais, ao sur entón, moi preto da fronteira con España. Parece ser que a orixe deste relato é oral. Texto tomado de Elvira Fidalgo e Milagros Muíña, Cantigas de Santa María, Proposta de explotación didáctica, Xunta de Galicia, 2005, pp. 159-161. |