Saltar navegación

Vocabulario

 

Velaquí che deixo algún vocabulario máis, por se queres ser unha experta.

Cabaz: hórreo de corres, polo xeral circular.

Cango: Cada unha das táboas que se asentan nos canteados, sobre as que se apoian as tellas

Canizo:Estrutura con varas ou paus entretecidos para facer divisións ou cerrados.

Corra, corres: Vara fina, xeralmente de vimbio, que se pode retorcer e que se usa principalmente para facer obxectos, como cestos, caínzos ou para atar feixes

Colmo: colmo1 s.m. 1. Palla escollida de centeo ou de trigo, usada para cuberta de palleiros ou de certas construcións rústicas, coma a palloza. Antes do inverno hai que pórlle colmo novo á palloza. 2. Cuberta feita con esta palla

Combarro: Piso feito a unha determinada altura da parede para gardar a comida dos animais, as patacas etc.

Forra: Pedra ou anaco de madeira que se pon ao lado ou debaixo dun obxecto para evitar que este se mova ou para que asente ben. Puxo unha forra na roda do carro. Calzou o perpiaño cunha forra. sin. calzo, cuña, sofico.

Latiza: Cada un dos paus ou táboas que forman a estrutura da caniza. Se as latizas están raras, as castañas.

Pimpinela ou pimpineira: parede lateral dun edificio que termina en ángulo, para asento do tellado a dúas augas. Var. outón.

Soleira: Peza de pedra ou doutro material colocada na parte inferior do oco dunha porta ou ventá. Pedra plana que serve de asento ás cepas que soportan o hórreo. 

Trabe: Madeiro groso e longo que se coloca horizontalmente para soster o piso ou o teito dun edificio. Unha trabe de carballo. sin. viga Verga: Vara delgada e flexible.

Va que son verbas fermosas?  Non é unha lingua para estarmos orgullosos?

Queres poñer a proba o que aprendiches?

Da seguinte lista de termos procura os sinónimos que correspondan:

Balaústre, bastidor, capas, conzón, esteo, lintel, penal.

Pé ou

Balagusto ou

Bisagra ou

Grade ou

Cabeceira ou

Padieira ou

Tornarratos ou

Habilitar JavaScript