Saltar navegación

5

Poula

Terreo sen cultivar

Terreo que se deixa sen cultivar para que descanse durante certo tempo.

Regueiro

vista dun regueiro

(de rego). Curso de auga pouco abundante; regacho, regato, rego, regueira.

Ribeira

ribeira seca dun río

(lat. riparia). 1. Beira do río, dunha ría ou do mar. 2. Terra baixa próxima a un río; veiga.

Seara

seara cultivada

(prob. célt. *senara “campo que se labra á parte”). 1. Extensión grande de terras de cultivo, cerradas cun valado exterior, e de propiedade colectiva; agra, senra. 2. Monte cavado onde se sementa o trigo; estivada, roza, senra.

Souto

souto de castiñeiros

(lat. saltu). 1. Terreo poboado de castiñeiros; castañal, castiñeira. 2. Terreo poboado de árbores, en especial de carballos e castiñeiros.

Teso

vista dun tesiño

(Lat. Vg. Tesu). 1. Monte alto e bravo 2. Monte de cume alongado.

Touza

gran raíz de árbore arrincada

(prerrom. *taucia “cepo”). 1.Monte poboado de carballos. 2. Cepa que queda dunha árbore despois de ser cortada; touceira. 3. Terreo sen cultivar que está cheo de mato; bouza, poula, touceira. 4. Conxunto de peixes dunha mesma especie que viven ou se desprazan xuntos; banco, bandada, cardume, manda. Pl. 5. Rochas esparexidas pola praia.

Val

val de Valdeorras

(lat. valle). Depresión alongada inclinada cara ao mar e entre montañas.