Acibecheiro/a (de acibeche, do hispanoárabe as-sabay). Quen labra e pole obxectos de acibeche. Cast.: Azabachero |
Labrego/a: persoa que se dedia ao cultivo da terra. Sin. labrador, campesiño.
|
Oficios e profesións 1
Afiador: (a+fìo) Quen lle dá gume a un instrumento cortante. O dos afiadores é oficio ambulante por excelencia, característico da provincia de Ourense. No seu traballo chegan ata recantos moi distantes da súa orixe e tal vez por iso, para fortaleceren a comunidade de oficio, crearon o barallete, linguaxe peculiar semellante á de canteiros, telleiros e cesteiros. A roda de afiar e unhas poucas ferramentas -alicates, tenaces, martelo- son o seu medio de traballo, que consiste en aguzar ou amolar coitelos, tesoiras, fouces... É frecuente que compartan esta dedicación coa de paraugueiros, cantorleiros e zarralleiros. |
Cantorleiros e zarralleiros son oficios ambulantes, que poden ir asociados. O seu labor non consiste en facer pezas novas, senón en arranxar as vellas. Cantorleiro é un oficio ambulante. O cantorleiro ocúpase da vaixela escachada. Fai uns buratos na peza coa parafusa; logo, cos alicates, fai unhas grampiñas de arame, xunta os anacos e vainos amarrando con elas. |
![]() Cerralleiro (de cerrar, lat. *serrare). Persoa que vende ou compón pechaduras, chaves, cadeados, etc. SIN. zarralleiro. Cast.: Cerrajero, Fr.: Serrurier, In.: Locksmith. |
![]() Tecelán/á: (de tecer + lá). Persoa que ten por oficio tecer. SIN. tecedor. O feminino é tecedeira. Cast. Tejedor, Fr.: Tisserand, In.: Weaver. O tecido tiña como materias primas o liño e a lá. Cos distintos tipos de tecido (picote, estopa, lenzo) confeccionábanse prendas de vestir, cobertores, sabas, etc. |
![]() Albardeiro (de albarda: ár. al-barda’a). Quen fai ou vende albardas ou aparellos das cabalerías. Cast.: Albardero. Os albardeiros manufacturan o coiro, a tea de saco, o ferro e a madeira, para fabricaren albardas, selas, estribos, alforxas e todo tipo de aditamentos para as cabalerías. A ferramenta é similar á dos zapateiros. |
|
Canteiro (orixe céltica). Persoa que labra a pedra para a construción. Sin, Pedreiro. Cast. Cantero. Fr.: maçon a pièrre, In.: mason. Os canteiros foron os artífices de boa parte do noso rico patrimonio monumental. Casas, igrexas, cruceiros, petos de ánimas, son boa mostra do seu saber artístico. Traballan a pedra para a construción, preparan cachotes, perpiaños e cantería de granito. Moito máis doado é o traballo da lousa, que só cómpre retocar co pico e a maceta. No seu traballo chegaron moi lonxe da súa terra de orixe, e así xorde a necesidade de crearen vínculos de confraternidade, que se manifestan no verbo dos arxinas, a fala coa que se comunican entre si. Antes de que se mecanizase o traballo nas canteiras, os pedreiros arrincaban do monte os bloques de pedra que han traballar os canteiros. Co pico, os guillos e o martillón, e máis tarde con dinamita, fendían as penas en grosos bloques, que desprazaban sobre roletes para trasladalos logo en carros de bois. |
Carpinteiro: (lat. carpetariu “que fai carros”) Persoa que ten por oficio traballar a madeira e facer obxectos con ela. Os carpinteiros teñen diversas especialidades: O carpinteiro de armar prep3ara e coloca a armadura dos pisos e as teitumes das casas. O carpinteiro de ribeira constrúe embarcacións, tanto de mar como de río. O cubeiro, traballador temporeiro nas zonas vinícolas, fai cubas e bocois para o viño. O carpinteiro de taller, con obradoiro fixo, fabrica as portas e fiestras e a moblaxe para as casas. O ebanista é un carpinteiro de taller especializado que realiza traballos máis finos, para pazos e casas grandes, que entran no ámbito da arte popular. O torneiro elabora pezas de madeira torneada. O fragueiro especialízase na construción de carros. Aínda máis especializado é o rodeiro, que fai soamente as rodas. Tamén hai especialistas na confección de xugos. |
|
Ferreiro: Persoa que ten por oficio traballar no ferro. Os ferreiros fabricaban os apeiros agrícolas e toda a ferraxe necesaria para os carros e as casas. Hoxe, os que non se dedican á artesanía limítanse a arranxar as ferramentas que se mercan nas tendas. A forxa é o local de traballo dos ferreiros, atópase polo xeral nun local terreo fóra da vivenda. O material que utilizan é o ferro que extraen os mineiros, laminado antigamente nas ferrerías, que dispoñían dun mazo movido por unha roda hidráulica. |