Saltar navegación

Procedementos de composición das palabras

 

Os procedementos máis habituais para formar palabras novas son os seguintes: imitación, composición, abreviación, derivación e parasíntese.

 

1- Composición: procedemento de formación de palabras mediante a suma de varias simples. Constan de dous ou máis lexemas ou de dous morfemas independentes. A categoría gramatical dos elementos pode ser variada:

Verbo + substantivo: contagotas.

Verbo + verbo: bulebule.

Substantivo + substantivo: motoserra.

Substantivo + adxectivo: ollomol.

Adverbio + adverbio: tampouco.

As palabras compostas non sempre están soldadas, poden ir unidas tamén por guión: galego-falantes. Colócase guión porque ambos termos conservan o propio acento e, a efectos de acentuación gráfica, cada un conserva a súa independencia:

garda-ríos, garda-meta, casa-cuna, etc.

Exercicio 1

Indica o plural das seguintes palabras compostas, que, por certo, son denominacións eufemísticas de animais:

Saltaparedes (donicela), xatentendo (golpe ou raposo), xamescurro (golpe ou raposo).

Exercicio 2

Indica a composición das seguintes palabras compostas

(sub, adx, vbo, adv, pre, conx…).

 

Agridoce

+

Augaforte

+

Augamariña

+

Augardente

+

Beiramar

+

Beirarrúa

+

Bulebule

+

Camposanto

+

Chuchamel

+

Gardalamas

+

Lavalouza

+

Lobicán

+

Lobishome

+

Manchea

+

Pasamontañas

+

Quebranoces

+

Salvavidas

+

Habilitar JavaScript