Saltar navegación

Queres autoavaliarte?

Reflexiona

Pregunta

¿Cal é o procedemento de formación de palabras que observamos no seguinte poema?:

O sol reloce no aire,

o aire arrandea a pallada,

e no medio da trigada

o PASPALLÁS:

pas, pa-llás

pas, pa-llás.

 

Respostas

Parasíntese.

Imitación.

Retroalimentación

Exercicio 3 (resolto)

descoñecer
apartado

- En-vil-ec-e-n.

En-/-ec-: Morfema derivativo descontinuo. (Tamén se considerará válido indicar: En- é prefixo e –ec- sufixo (derivativo);

-vil-: Raíz;

-e-: Vogal temática.

–n: Sufixo de número e persoa. (Tamén se puntuará como válida a segmentación sen delimitar a vogal temática, considerándoa, xa que logo, como parte da raíz).

- Con-viv-encia.

Con-: Prefixo;

-viv-: Raíz / base /lexema (ou denominacións equivalentes);

-encia-:Sufixo (derivativo).

- Cidad-an-ía.

Cidad-: Raíz / base / lexema (ou denominacións equivalentes);

-an-: Sufixo (derivativo);

-ía: Sufixo (derivativo).

Pregunta Verdadeira ou Falsa 1

Pregunta 1

“eiro” é un monema.

Pregunta 2

O artigo é un monema.

Pregunta 3

O sufixo –al ao converter “estío” en “estival” fai cambiar a palabra de categoría?

Pregunta 4

Os diminutivos son sufixos apreciativos.

Pregunta 5

O xénero é un morfema independente.

Pregunta 6

As preposicións, artigos e conxuncións son monemas.

Pregunta 7

O sufixo –al ao converter “piñeiro” en “piñeiral”, fai cambiar a palabra de categoría.

Pregunta 8

As preposicións, artigos e conxuncións son morfemas gramaticais.

Pregunta 9

As preposicións, artigos e conxuncións son morfemas dependentes.

Pregunta 10

Os morfemas derivativos son morfemas independentes.

Pregunta Verdadeira ou Falsa 2

Pregunta 1

Os prefixos son morfemas derivativos.

Pregunta 2

Os morfemas flexivos son morfemas independentes.

Pregunta 3

As desinencias verbais son morfemas flexivos.

Pregunta 4

Os diminutivos son morfemas flexivos.

Pregunta 5

“Cantaban” é unha palabra simple.

Pregunta 6

“Cantaban” é un morfema independente.

Pregunta 7

“Cantaban” está formado por un lexema e morfemas derivativos.

Pregunta 8

Decidide vós. Queda a pelota no voso tellado”. Nesta frase “pelota” ten un significado denotativo.

Pregunta 9

“Intolerable” é unha palabra parasintética.