Saltar navegación

3- U-la chave do tesouro?

 

colgante de prata con pedra azul dentro dunha cuncha de ostra

Cando descubrín os tesouros en 2-U-la chave do tesouro? decateime de que a teima do avó en que eu coñecera algo máis que palabras, estaba ben artellada.

Antes de premer no enlace a 3-U-la chave do tesouro? viñéronme á cabeza moitas preguntas: Canto tempo lle levaría compoñer esta búsqueda ao avó Estevo? Que quere realmente que descubra? Por que me escolleu a min para esta descuberta? Como debo interpretar os tesouros aos que me levou? Que me agarda no xogo?

Cando estiven preparada para seguir o seu xogo, respondín afirmativamente á súa pregunta:

3- U-la chave do tesouro?

Estás preparada para conseguir as chaves que te conducirán ao tesouro?

Habilitar JavaScript

 

A seguir, volvían vir os dous espazos da clave. Escribín: "no faiado". Chave incorrecta. Recunquei: na arca.

Habilitar JavaScript

 

Se sabes responder esta pregunta, saberás a quen tes que facerlle as preguntas adecuadas.

Como se chama o calzado dunha peza, todo de madeira e xeralmente con tacos, para preservalo da humidade, que se usa por riba doutro?

Habilitar JavaScript