Saltar navegación

Queres saber canto aprendiches?

 

panorámica dos montes do Courel

1

1-Emparella os sinónimos que aparecen na seguinte relación:

Cuíña, cunca, devasa, falla, fervenza, illó, ladeira, pear, presa, talude, vertente.

Encoro

Cadoiro (de cadere “caer”)

Quebra

Ribada (desprendemento de terras que, ás veces, serve de linde)

Caeira

Aba

Cerro

Poldra (paso para atravesar un río)

Atallada

(prob. Célt. *deuasso “desvastado”: espazo de terreo que se limpa ou roza dunha xeira)

Manancial

(lat. Vg. +oculiolu (m) “olliño”)

Bacía (terreo que verte as augas cara a un determinado río)

Habilitar JavaScript

2

Localiza a definición que corresponda a cada un dos distintos tipos de terreos que se relacionan:

Cultivo de cereais, monte baixo, monte queimado, terreo deshabitado, terreo moi húmido, terreo con herba, terra de labor non cultivada, prado de regadío.

Terreos

Definicións

Lameiro

Vougo ou ermo

 

Seara ou estivada

Boedo ou braña

Graña

Pastoriza ou pasteiro

Poula ou barbeito

Cadaval

Habilitar JavaScript

3

Identifica as palabras relacionadas co campo semántico da paisaxe de interior:

Os aparecidos”

(…) Os espíritos ven e andan mellor de noite que de día.

Xa non digo nada da estadea, estadeíña, compaña ou santa compañía coa súa ocupada tomba, as súas luces unhas a acenderse e outras a apagarse, o seu acompañamento, vestidos endevidos todos con brancas sabas ou mantos con túnicas de alba color, con azafates e cirios acesos nas mans en forma de canelas, recollendo polos sendeiros, corredoiras, congostras, camiños, veigas, agros, leiras e gándaras, o mesmo polas ribeiras dos ríos e canles dos regueiros e polas costas do mar e polas lombas e cotarelos das baixas e altas montañas, aqueles ósos ou reliquias humanas que non puideron ser recollidas antes e gardadas, nas sepulturas dos cemiterios e do interior das igrexas asociando na misteriosa e espantable expedición cantos vivos encontrasen ó paso naquelas silenciosas e temidas horas da noite en que non era prudente andar por fóra da morada pacífica despois das dez e que deu marxe, por estes e outros sucedidos, ó dito popular:

Despois das dez

deixa a noite para quen é.

Antonio de la Iglesia: “Os aparecidos”, A Monteira, 1890.