Saltar navegación

Primeira chave da porta

PARABÉNS

Parabéns, Amelia!

No faiado da casa deixei a miña biblioteca. Alí están os dicionarios, as coleccións sobre animais, viaxes, arquitectura, saúde...e todo aquilo que me chamou a atención nesta vida. Están tapados con sabas, así que non temas, non terán arañas.

velaiña

Moitas cousas fermosas tes por aprender nesta vida! Nesta bitacora "No Faiado da Casa" fun escollendo algunhas, pero non podo competir cos libros, nin pretender abarcalo todo. Cando algo non saibas tamén llelo podes preguntar a teus pais, á avoa, aos veciños, aos profesores...

 

 

Casa de pedra tradicional, con fondo de ceo azul

Miña casiña, meu lar!!

 

Centreime na clave: dous espazos, un pequeno e outro máis longo. O último que escribiu o avó foi: Xa sabes onde comezar a búsqueda, así que, alá vai, escribo:

Habilitar JavaScript